Pérez, o ratiño dos teus soños |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Pérez, o ratiño dos teus soños
Lucía e a súa familia axudarán ao intrépido Ratiño Pérez a desbaratar os sinistros plans de Fugaz e Pipo, dous malvados ratos que desexan acabar con Pérez. Queren roubar os dentes de todos os nenos do mundo, convertelos en perlas e así se faceren ricos. Película que combina imaxe real e animación 3D. Editado en DVD con audio en galego.

Palmarés: Premio Goya á mellor película de animación de 2006. Mellor Película de Animación 2007 no XIV Festival de Cine Latino de San Diego (Estados Unidos, 2007). Foi a película galega de maior recadación en 2006 e tamén unha das máis vistas en todo o Estado.

Ficha artística
Dirección: / Juan Pablo Buscarini
Produción Executiva: / Carlos Fernández

 

Ficha técnica
Distribuidora / Baños Films / Biblos Clube de Lectores
Produtora / Castelao Productions / Filmax / Filmax Animation / Patagonik Film Group

Titulo orixinal: Pérez, el ratoncito de tus sueños
Tipo: Animación
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 85'
Orixe: España-Arxentina
Ano: 2006
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Castelán (230 copias en salas comerciais), catalán (12 copias), galego (4 copias en salas), éuscaro (4 copias), inglés
Orzamento: 2.824.890 €
web propio
Recadación: 3.675.004 €
Espectadores: 706.488

vIDEOS | VER todos os videos de Pérez, o ratiño dos teus soños  (1)

Galería de imaxes | VER AS 10 fotos de Pérez, o ratiño dos teus soños

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org